Os abonados do Monbus Obradoiro poderán recoller o seu carné a partir de mañá en Deportes Caneda

Ata o 15 de novembro poderán beneficiarse dun 15% en todos os produtos oficiais do 50 aniversario

Os abonados obradoiristas poden recoller a partir de mañá xoves o seu carné da tempada 2021/22 en Deportes Caneda, situada na (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 25, Santiago de Compostela), de luns a venres de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas.

Así, desde este momento, os abonados poderán acceder ao pavillón co carné físico ou co carné virtual (Passbook) no seu móbil indistintamente, escollendo o método que prefiran.

Os abonados poden aproveitar a súa visita a Deportes Caneda para ver en primeira persoa a réplica das camisetas de xogo, tanto a primeira en cor azul como a segunda en vermello, e facerse coa súa favorita, beneficiándose do 10% de desconto por ser abonado.

Ademais, os abonados poden beneficiarse dun desconto exclusivo dun 15% (non acumulable ao 10% de abonado) en todos os produtos de merchandising edición especial do 50 aniversario: camisetas de manga curta, polo manga curta, suadoiro con e sen carapucha, pantalón, chaqueta, bufanda, llavero… Esta promoción estará vixente ata o 15 de novembro.

ARRIBA