I CAMPUS OBRADOIRO CABREIROÁ (GL)

OCÓRRESECHE UN MELLOR PLAN PARA ESTE VERÁN?

Goza do mellor baloncesto cos teus amigos e vive unha experiencia inesquecible, no Concello de Oroso. Cos nosos monitores, garantimos a diversión e a aprendizaxe.

 

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Se tes entre 6 e 18 anos este campus é para ti.

Desde unha aprendizaxe divertida para os máis pequenos, ata un proceso de tecnificación para os máis grandes.

 

DATAS E HORARIOS

Do 28 de xuño ao 2 de xullo do 2021.

Xornada de mañá: de 09:30 a 14:30 horas (Horario de chegada e saída flexible para facilitar conciliación).

Dispoñible autobús Santiago - Oroso (Saída desde Sar ás 09:00 horas. Obrigatorio uso de FFP2). 

 

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

O campus realizaráse no Concello de Oroso, nas pistas do CEIP Camiño Inglés e no pavillón municipal de Oroso. 

 

QUE INCLÚE O CAMPUS?

-Cubre, camiseta reversible e pantalón del Campus.

-Mochila do Campus.

-Balón Oficial Monbus Obradoiro.

 

COMO PODO INSCRIBIRME?

1º- Cobre a ficha de inscrición. DESCARGA AQUÍ A FICHA.

2º- Realiza o abono da matrícula en:

Trasferencia bancaria no número de conta:

ABANCA ES23-2080-0375-1930-4001-8467

3º- Envía a ficha de inscrición e o xustificante bancario ao email: campusoroso@obradoirocab.com

*Tamén podes realizar a xestión nas oficinas do club, solicitando cita previa.

 

PREZOS

|Campus: 110€|

|Campus + transporte: 130€|

 

 

DESCONTOS (non acumulables)

|Federados de baloncesto/XOGADE: -10€|

|Abonados e/ou accionistas: -20€|

|Amigos da Fundación Heracles: -30€|

|Xogador Canteira Obradoiro CAB e/ou Segundo Irmán: -40€| 

ARRIBA