VIII CAMPUS OBRADOIRO JEALSA

OCÓRRESECHE UN MELLOR PLAN PARA ESTE VERÁN?

Goza do mellor baloncesto cos teus amigos e vive unha experiencia inesquecible no Concello de Boiro. Cos nosos monitores, garantimos a diversión e o aprendizaxe.

 

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Se tes entre 6 e 18 anos este campus é para ti.

Dende unha aprendizaxe divertida para os máis pequenos, ata un proceso de tecnificación para os máis grandes.

 

DATAS E HORARIOS

Do 5 ao 9 de xullo de 2021.

Xornada de mañá: de 09:30 a 14:15 horas (Horario de chegada e saída flexible para facilitar a conciliación).

Dispoñible autobús Santiago-Boiro (Saída desde Sar, ás 08:30 horas. Obrigatorio uso de FFP2). 

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

O campus realizarase no Concello de Boiro, nos pavillóns de Santa Baia, A Cachada e Barraña.

 

QUE INCLÚE O CAMPUS?

-Cubre, camiseta reversible e pantalón do Campus.

-Mochila do Campus.

-Balón Oficial do Monbus Obradoiro.

 

COMO PODO INSCRIBIRME?

1º- Cubre a ficha de inscrición. DESCARGAR FICHA.

2º- Realiza o abono da matrícula en:

Trasferencia bancaria no número de conta:
ABANCA ES23-2080-0375-1930-4001-8467

3º- Envía a ficha de inscrición e o xustificante bancario ao email: campusboiro@obradoirocab.com

*Tamén podes realizar a xestión nas oficinas do club, solicitando cita previa.

 

PREZOS

|Campus: 110€ |

|Campus + transporte: 130€|

 

DESCONTOS (non acumulables)

|Federados baloncesto/XOGADE: -10€|

|Abonados e/ou accionistas: -20€|

|CB Santa Baia / Empregados Jealsa Rianxeira: -30€|

|Amigos da Fundación Heracles: -30€|

|Xogador Canteira Obradoiro CAB e/ou Segundo irmán: -40€|

ARRIBA