Os asistentes ao partido deste sábado do Rio Natura Monbus Obradoiro fronte ao UCAM Murcia (20.00 horas) poderán gozar de novo dunha promoción exclusiva na Miudiño Store.

Mario Iglesias, a chaqueta dunha Lenda

O Rio Natura Monbus Obradoiro quere seguir honrando á súa historia por medio da súa colaboración co seu socio estratéxico Enfios Texgroup, polo quee lanza nesta ocasión a Chaqueta Mario Iglesias da Colección Leyendas. A peza, dedicada ao xogador que se pasou nove tempadas no Obradoiro entre finais dos 70 e a década seguinte, trae a este protagonista as mellores memorias do seu inicio deportivo: “Recordo que un día chegou á Coruña Pepe Casal, como adestrador, para falar cos meus pais, e ese día cambiou a miña vida. Vinme a Santiago, a facer o que máis me gustaba do mundo e a aprender o que significaba a amizade, a disciplina, o compañeirismo. Foi un cambio radical con dezasete anos, que me ensinou, en definitiva, o que é a vida".

O Rio Natura Monbus Obradoiro prepárase para recibir nesta vixésimo cuarta xornada da Liga Endesa (sábado, 20.00 horas) ao UCAM Murcia de Diego Ocampo, do cal o adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, define a progresión como "in crescendo". Deste próximo rival, Fernández recorda que “alcanza máis de oitenta puntos por partido, é un equipo que agora mesmo está nun nivel de acerto altísimo. Cos seus perimetrales, cos seus interiores, ten moitos puntos en todos os xogadores e iso si que nos vai esixir un esforzo defensivo moi grande, tanto por ritmo coma por acerto".

O Club de Empresas Obradoiro prepárase para unha das actividades máis esperadas do ano, a xornada "Empresa & Deporte: Unha conversa sobre a dirección de grupos e a resolución de conflitos". O evento terá lugar o próximo mércores 25 de marzo a partir das 19.30 horas, no Club Financeiro de Santiago, co patrocinio de AON, empresa líder mundial en servizos de correduría de seguros. Un dos seus protagonistas, o xerente do grupo Arestora, Juancho Armental, adiántanos algúns detalles da conversación pública que terán el e o adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández. “Gustaríanos achegar aos asistentes unha posibilidade, un xeito de facer as cousas, non só na xestión da empresa en si, senón principalmente na dos seus equipos de traballo”, declara o profesional.

ARRIBA