Gorras a 4 euros na Miudiño Store

O Rio Natura Monbus Obradoiro xogará este fin de semana en Sar ante o CAI Zagoza (12.15 horas). Para os madrugadores que acudan a velo, a Miudiño Store xa ten preparada unha nova oferta exclusiva no día de encontro.

O Rio Natura Monbus Obradoiro afronta os últimos adestramentos de cara ao partido deste domingo ante o CAI Zaragoza (12.15 horas) "nun bo momento anímico", como ratifica o técnico Moncho Fernández.

O Rio Natura Monbus Obradoiro, representado polos xogadores Juanjo Triguero e Haris Giannopoulos, acudiu esta mañá á presentación en Santiago do proxecto "I have a dream", da ciclista Mila López, realizado nas instalacións do membro do Club de Empresas Obradoiro, Pazo de Altamira.

A deportista, que sofre da malformación espiña bífida, é unha das mellores corredoras de handbike de España, e agora loita por conseguir os recursos económicos necesarios para presentarse a probas internacionais e competir por entrar nos Xogos Paralímpicos de Rio 2016.

O Grupo Pescamar, membro do Club de Empresas Obradoiro, doará a diferentes organizacións caritativas a valoración de cada xogador do Rio Natura Monbus Obradoiro MVP da Xornada ou no Quinteto Ideal da Liga Endesa en forma de quilos de conserva.

ARRIBA