O Monbus Obradoiro súmase esta semana ao Black Friday cunha interesante promoción en entradas para os afeccionados obradoiristas.

Por acordo do Consello de Administración de "Obradoiro Club De Amigos Baloncesto, S.A.D." de 26/10/2021, convócase aos señores accionistas á Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria que terá lugar no domicilio social, sito en 15702 Santiago de Compostela, Multiusos Fontes do Sar, calle Diego Bernal, s/n, o próximo mércores día 22 de decembro de 2021 ás 19:00 horas, en primeira convocatoria e, se fora preciso, o xoves 23 de decembro de 2021 no mesmo lugar e á mesma hora, en segunda convocatoria, co fin de deliberar e resolver sobre os asuntos contidos no siguiente

 

Orde do día

XUNTA XERAL ORDINARIA

Primeiro.- Informe do Presidente.

Segundo.- Aprobación das Contas Anuais da SAD correspondentes ao exercicio 2020-2021, pechado o 30/06/2021, compostas por: Balance, Conta de Perdas e Ganancias e Memoria.

Terceiro.- Aprobación da distribución do resultado do exercicio 2020-2021.

Cuarto.- Aprobación da Xestión da SAD por parte do Consello de Administración durante a Tempada 2020-2021.

Quinto.- Aprobación do Presuposto da tempada 2021-2022.

Sexto.- Cese e nomeamentos de novos membros do Consello de Administración.

Sétimo.- Rogos e preguntas.

 

Faise constar expresamente o dereito que asiste a todos os accionistas de obter da sociedade de forma inmediata e gratuíta os documentos que teñen que ser sometidos á aprobación da Xunta.

 

INFORMACIÓN DE SERVICIO PARA OS SRES. ACCIONISTAS

Como consecuencia das circunstancias excepcionais provocadas pola pandemia da COVID-19, que poden afectar ao normal desenrolo da Xunta Xeral de Accionistas e apelando á responsabilidade e á colaboración dos asistentes á mesma, priorizando o interese en protexer a saúde das persoas, O Consello de Administración:

  1. Fai un chamamento a que os Sres. Accionistas que teñan previsto asistir persoalmente ou delegando a súa asistencia noutro accionista ou terceiras persoas, para que anticipen a súa solicitude de tarxeta de voto e que a mesma se faga de forma telemática ao mail: accionistas@obradoirocab.com, evitando, na medida do posible, solicitudes o mesmo día da Xunta no acceso á mesma.
  2. Habilitará un protocolo especial sanitario con normas de acceso e permanencia na sala de celebración da Xunta de Accionistas, que será igualmente publicado na páxina web corporativa coa antelación suficiente á celebración da misma, que incluirá medidas do tipo: toma de temperatura no acceso, asignación previa de asentos, utilización de mascarillas, previa ao acceso entrega firmada de declaración responsable, etc…
  3. Decidiu que solo se permitirá o acceso á sala na que se celebrará a Xunta Xeral desde as 18:30 ata as 19:00 horas.

En función da evolución da pandemia COVID-19 e das posibles medidas que, no seu caso, adopten as autoridades sanitarias, desde o día da data da convocatoria ata o día da celebración da Xunta, o Consello de Administración resérvase a facultade de modificar ou alterar as condicións do protocolo de acceso e permanencia, aos efectos de preservar á saúde dos seus accionistas, publicando as posibles actualizacións na páxina web corporativa coa máxima antelación posible.

 

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2021.- O Presidente do Consello de Administración.

O Monbus Obradoiro volveu á senda do triunfo cunha vitoria moi merecida, traballadísima, nun partido realmente intenso e disputado, de moitos refachos, na que os galegos souberon manter a calma para encarar o tramo final con vantaxe e festexar a cuarta vitoria da tempada ante Casademont Zaragoza.

O Monbus Obradoiro – Casademont Zaragoza estará patrocinado polo CC As Cancelas

ARRIBA