Desde a directiva do Obradoiro C.A.B. estase barallando a posibilidade de deixar os vindeiros días 6 e 7 de setembro, exclusivamente para que os abonados da campaña anterior poidan realizar cambios nas súas localidades.
Despois dun breve partidillo improvisado na terraza das oficinas de BAP Conde na Coruña, Andrés Rodriguez e Richard Nguema foron presentados esta mañá como novos xogadores do OBRADOIRO CAB. Rodriguez e Nguema compareceron en rolda de prensa xunto ao presidente executivo de Bap&Conde, Miguel Conde, e o director xerente do Club, Alfonso Pazo.
A partir do vindeiro 25 de agosto e ata o día 6 de setembro, o club de baloncesto Obradoiro C.A.B abre o prazo para a renovación de aboamentos para a tempada 2010 -2011. Na pasada, o Club chegou case a superar os 4.400 socios, cifra que espera manter o vindeiro ano.
Non será ata o vindeiro día 6 de setembro, cando se abra o proceso de alta para os novos abonados ou para aqueles que queiran facer un cambio na súa localidade. Con este motivo, o Club porá en marcha unha ambiciosa e emotiva campaña de captación que, según Alfonso Pazo, xerente do club “chegará ao corazón de todos aqueles que queiran axudar o Obra nestes momentos e animar ao Club para devolvernos ao lugar que o equipo e a súa afección merécense”.
O Club establece dúas formas para a renovación e compra de aboamentos:
1. A través do número 902 434443, desde o día 25 de agosto de luns a venres de 8,00 a 22,00 horas, e sábados de 9,00 a 14,00 horas.
2. No Multiusos Fontes do Sar*, desde o luns 30 de agosto en horario de 10,00 a 14,00 horas e 16,00 a 19,00 horas.>>>
O Obradoiro CAB presentou este martes ao capitán do conxunto blanquiazul Javier “Tuky” Bulfoni. As instalacións de Blusens Global Corporation acolleron este acto, que foi conducido polo director executivo de Blu: sens José Ramón García e polo director xerente do club Alfonso Pazo.
Escoita as declaracións Tuky Bulfoni Jose Ramón García
O Obradoiro presentou esta mañá nas intalaciones de Espiña e Delfín ao xogador Oriol Junyent. O pívot de Sabadell volta ao equipo galego co que asinou un contrato temporal a pasada tempada. Oriol mostrouse “orgulloso e ilusionado e con ganas de participar” neste novo proxecto. “Que che queiran é importante para un xogador. E, ademais, o proxecto do club, de querer estar arriba e pelear polo ascenso, é moi bonito", explicou. Nese sentido, ao xogador catalán non lle asusta a presión que poida ter o Obradoiro debido ás expectativas que se marca.
Oriol Junyent conta con 34 anos (1 de xullo de 1976) e mide 2,08 metros de altura e esta será a súa terceira experiencia en LEB tras pasar por Cidade de Huelva onde disputou 21 partidos antes de cambiar de aires polos problemas económicos do equipo onubense na tempada 2007-08 cuns números de 15 puntos (51% en tiros de dous puntos, 42% en triplos e 65% en tiros libres), 9,7 rebotes, 2,3 asistencias. Co CAI promediou 8,2 puntos, 5,8 rebotes e 1 asistencia. En ACB militó na Granada, Fuenlabrada, Alacante, Estudantes, Barcelona, Valladolid e Xacobeo Blu:sens.